
Do traballo e esforzo do equipo directivo do colexio Divina Pastora do Barco e a empresa de Lecer e Deporte Escolar AF Movement, nace o primeiro campamento estival “Un verán en Acción “, unha iniciativa para nenos de 3 a 12 anos cuxo obxectivo é “fomentar o xogo e as actividades deportivas escapando do sedentarismo, fomentando que todas as nosas actividades sexan unha ferramenta lúdico-didáctica e deportiva”, explican dende a organización, asegurandie que se trata dunha “oportunidade única para as familias da nosa comarca que terán unha alternativa máis na súa conciliación familiar”.
O campamento celebrarase nos meses de xuño e xullo, cun horario de 10 a 13 e un servizo extensible de 9 a 14 horas baixo demanda. “Neste primeiros catro días xa superamos o 70% do noso aforo. Contamos cubrir todas as nosas prazas a este paso antes do previsto. Posiblemente a final de semana xa esteamos completos”, adiantan, explicando que as inscricións realízanse no colexio ou mediante plataforma web.
Haberá actividades didácticas, obradoiro de alimentación saudable, horto ecolóxico, saídas ao medio natural, educación viaria, xogos de auga,…