
Nada máis coñecerse as calificacións da ABAU 2024, dende o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras informaban de que o seu centro lograba o 97,38% de aprobados ademais de dúas excelencias académicas, agardando que fóra dun 100% despois das reclamacións.
Así era e na xornada deste xoves 20 de xuño e trala “revisión de calificacións” os 38 alumnos presentados ás probas celebradas na Rúa aprobaban, logrando o 100%.