CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O IES Lauro Olmo do Barco despide ao alumnado de 2º de Bacharelato cun emotivo acto de graduación

 

En plenas Festas de Santa Rita, vestidos de gala, nerviosos e tamén contento,s estaban os 52 alumnos de 2º de Bacharelato que na tarde deste luns 20 de maio celebraban a festa de graduación.

 

 

Foi un acto multitudinario celebrado no Salón de Actos do instituto, no que se reuniron os estudantes, profesores e familiares. Houbo discursos (da directora Amparo Quiroga, dos titores Ana Raquel e Xulio, da presidenta da ANPA, das alumnas Uxía e Candela,…), proxeccións de fotos e vídeos, moitas lembranzas, anécdotas e agradecementos e por suposto a entrega de diplomas, bandas, fotos e pins a cada un dos estudantes que este ano deixan o centro barquense.

 

 

Tamén houbo un photocall e merenda no patio do centro como colofón a un emotivo acto.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button