CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Lauro Olmo, entre os centros recoñecidos polas súas accións de mobilidade internacional, no marco do programa Erasmus+

Acto de reconocemento Erasmus+.

 

A Xunta vén de recoñecer os 64 centros educativos galegos que contan con acreditación Erasmus+ nos sectores de Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas polas súas “accións de mobilidade internacional”.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, concedeulles esta mañá o recoñecemento por parte do Goberno autonómico pola súa “contribución á excelencia do sistema educativo galego a través de proxecto de mobilidade internacional os países membros da Unión Europea”.

 

Intervención do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.

 

“Trátase”, dixo o conselleiro, “dun carné de socio que deben ter os centros para asegurar o financiamento de actividades ata 2027. Cómpre lembrar o estes centros recibiron máis de 2,2M€ para este programa entre 2021 e 2023”. En palabras de Román Rodríguez, ademais dunha experiencia persoal e académica, “a experiencia Erasmus é un investimento en desenvolvemento profesional que moitas empresas destacan á hora de seleccionar persoal”. Nesta liña, o conselleiro comprometeuse a “seguir tecendo redes fortes no ámbito europeo e internacional” a través deste modelo.

O Erasmus+ arrancou en 2014 como un programa para xerar oportunidades de mobilidade e cooperación en materia de educación a través de distintas actividades como a aprendizaxe por observación, estadías e cursos de formación.

 

O IES Lauro Olmo do Barco é un dos centros acreditados. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nos vindeiros anos o programa ten o reto de avanzar na inclusión, a accesibilidade e a sustentabilidade con obxectivos centrados no apoio á transición dixital na educación coa creación do Espazo Europeo de Educación.

Artigos relacionados

Back to top button