Os alumnos de 1º da ESO do IES Xermán Ancochea Quevedo conseguían o segundo posto na final galega do Rallye Matemático sen Fronteiras celebrado en abril na facultade de química da universidade de Santiago de Compostela.
A actividade estivo coordinada polo profesor Carlos Ferreiro García e tal como explican dende o centro “foi unha mágoa porque puderon gañar, pero a tensión da proba xogoulles unha mala pasada”. De todas formas chegar á final xa foi todo un logro deixando o pabellón ben alto.
A experiencia foi moi interesante para todos e tanto os alumnos participantes coma os profesores aproveitaron a viaxe para facer turismo por Santiago.
O grupo estivo formado por Iria Álvarez Rodríguez, Nerea Estévez Prieto, Eduardo Pulido Freitas, Selma Rodríguez Fernández, Eva Quintela Baloira, Luis Ángel Álvarez Domínguez, Alanis Martínez Álvarez e Marcos Fernández Castro.
Estes oito estudantes foron seleccionados por sorteo dos dezaseis do centro trivés que pasaron á fase provincial para ir a Santiago. Os profesores acompañantes á fase galega foron Carlos Ferreiro e Antonio Freire.