
O Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) está preparando unha homenaxe ao xornalista e escritor barquense José Antonio Gurriarán, falecido en marzo do pasado ano e que era membro de mérito desta entidade. Este acto está programado para o vindeiro 1 de febreiro ás 19:30h. no Casino do Barco.
“Actuará como ponente o seu sobriño Carlos Santos Gurriarán, tamén xornalista e autor de numerosos libros. Era unha débeda que tiña o IEV con quen colaborou tantas veces como foi requerido”, tal e como adianta Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV.
José Antonio Gurriarán contaba cunha destacada traxectoria xornalística. Foi director de varios diarios nacionais e xefe de informativos de TVE, ademais de director da segunda cade de Canalsur. Asemade desenvolveu durante moitos anos o labor de corresponsal de TVE en Lisboa.
Aurelio Blanco tamén anuncia que en datas próximas “farase tamén xustiza con todos os membros de mérito e valdeorreses ilustres, tanto vivos como xa falecidos, e cos primeiros directivos, membros fundadores do IEV”.