O branco inmaculado do “Igloo” do artista valdeorrés Griseo, situado na praza Maior do Barco, mudaba por completo a partires das sete da tarde deste 9 de setembro. O autor desta instalación, unha das oito en exterior da segunda edición do festival enBarcArte, convidaba ao público a sumarse a este proxecto creativo pintando ou colorando sobre o seu iglú o que quixeran co lema “Exprésate”.

Á convocatoria respondían nenos e maiores botando man de pinceis, sprays ou mesmo rotuladores. Así, este iglú local sen xeo busca converterse nunha “casa común” onde se reúnan as persos para comunicarse libremente e expresar a súa creatividade pintando e intervindo sobre el.
Fotos da galería: A.R.
