DeportesEnduroÚltima hora

O II Hard Enduro A Rúa reunirá este sábado a máis dun cento de pilotos

Entre os endureiros que participarán na proba da Liga Galega da Moto de Campo está o campión de España, Josu Artola

Un piloto en plena carreira na anterior edición do Enduro Extremo A Rúa, no 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A menos de dous días para a data, A Rúa está xa preparada para unha nova carreira de enduro extremo que reunirá a preto de 120 pilotos de diferentes partes de España e Portugal.

A II edición da Xtrem A Rúa (Hard Enduro) da Liga Galega da Moto de Campo, celebrarase este sábado 26 de marzo para as categorías Pro, Expert, Veteranos, Hobby e Parellas. A xornada de enduro comezará coas verificacións administrativas e técnicas de 8 a 9:30 horas e despois do brifing, ás 10 horas arrancará a proba co prólogo na explanada que hai diante do Hotel Espada, na céntrica rúa Campogrande. A carreira propiamente dita empezará ás 12 horas nun circuíto que se desenvolverá integramente polos montes de San Xulián.

Nesta ocasión dende a organización prevían contar coa participación de pilotos de primeiro nivel e así será, contando entre os inscritos na categoría Pro co campión de España, Josu Artola. Tamén estará o portugués Diogo Vieira, cuarto clasificado no campionato do mundo, e outros pilotos de referencia no mundo do enduro extremo como Carlos Burés, Tiago Oliveira, Oihan Meoqui, Xosé María Ogando, Adrián Vega ou Aritz Murua, sen esquecer ao piloto local Diego Teixeira.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/a-rua-acollera-o-26-de-marzo-unha-proba-de-enduro-extremo-da-liga-galega-da-moto-de-campo/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button