Unhas 300 persoas, entre corredores e camiñantes, desfrutaban este domingo 14 de maio do II San Xil Casaio Andaina e Trail (Carballeda de Valdeorras), un evento con ata catro modalidades diferentes con saída dende Casaio.
A principal novidade desta edición estaba no trail longo, de ata 33 km e +2.300 metros de desnivel, cuxo traxecto ascendía polo Crestón do Lombo do Roncín ata preto de Pena Trevinca e, despois, baixaba polo val glaciar do Foio Castaño. A súa saída dábase ás nove.
Logo estaba o trail curto, con 20 km e 1.100 m de desnivel, que comezará ás 9:30h. Ademais había dúas andainas, que se poñían en marcha ás 9:30h: unha curta de 16 km e 850 m de desnivel e outra longa de 20 km e 1.100 m.
A proba resultaba todo un éxito e os participantes amosábanse fascinados polas paisaxes do percorrido, tal e como sinala a organización, se ben tamén apunta que houbo que lamentar o accidente dunha participante, que foi rescatada e trasladada rapidamente para recibir atención sanitaria.
Entre os mellores resultados valdeorreses na proba destacan os primeiros premios de Diego Agullo do Club Peña Trevinca-Barco en veteranos masculino no Trail curto e de Julián Rodríguez do Club Kirlo en Veteranos B masculino no Trail Longo.
Fotos cedidas.
Os principais resultados deste Trail Curto e Longo son os seguintes: