Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O III Trail de Paderne de Allariz reunirá a 200 corredores a favor de Cruz Vermella

A carreira, que se celebrará o 13 de marzo, consta de dous circuítos de 25 e 14 quilómetros

 

En torno aos douscentos corredores, segundo os cálculos da organización, participarán o domingo 13 de marzo no III Trail de Paderne de Allariz que discorrerá polos montes do municipio nunha proba de carácter solidario a favor de Cruz Vermella.

O terceiro Trail de Paderne consta de dous circuítos de 25 e 14 quilómetros, con saída e chegada na praza do Concello, para as categorías absoluta, sénior e veteranos tanto en modalidade masculina como feminina. A data límite de inscrición remata hoxe e ao tratarse dunha proba de carácter solidario dous euros de cada unha das inscricións irán destinados a Cruz Vermella.

Esta é a segunda das probas programadas dentro da recen estreada liga provincial de trail, que este ano consta de 16 carreiras, formato adoptado para organizar un calendario que facilite a participación dos afeccionados nos distintos eventos deportivos que se celebran por toda a xeografía ourensá.

 

Asistentes á presentación no Pazo Provincial.

Artigos relacionados

Back to top button