En portadaÚltima horaVídeos

O incendio de Casaio (Carballeda de Valdeorras) afecta xa a unhas 120 hectáreas

Incendio en Casaio (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: @Brif Laza.

 

Continúa activo o incendio que se iniciaba na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras) ás 13:59h. desta tarde. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural, o incendio afecta a unha superficie estimada dunhas 120 hectáreas pasadas as 22h.

Na extinción deste lume están a traballar 3 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 7 avións e 7 helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button