
Mantense activo o incendio que se iniciaba na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras) ás 13:59h. da tarde de onte. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural, o incendio afecta a unha superficie estimada dunhas 440 hectáreas.
Na extinción deste lume están a traballar, segundo os últimos datos publicados por Medio Rural, 1 técnico, 8 axentes, 27 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 9 avións e 8 helicópteros.
Incendios en Chandrexa de Queixa e en Laza
Ademais está activo dende as 19:08h. de onte un incendio forestal na parroquia de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa, que afecta nestes momentos a unha superficie dunhas 200 hectáreas, segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural.
Na extinción deste incendio están a traballar 6 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 11 avións e 7 helicópteros.
Así mesmo, ás 22:01h. iniciábase outro incendio forestal que segue activo nestes momentos en Camba (Laza), que leva afectadas unhas 740 hectáreas. Nel están traballando 9 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 2 avións e 3 helicópteros.