Cae a noite sobre Ribas de Sil e tamén no veciño concello de Quiroga, e os equipos de extinción seguen loitando contra un incendio forestal que se iniciaba esta mañá e que, segundo as últimas medicións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, xa leva queimadas unhas 700 hectáreas e continúa activo.
A través destas fotografías e tamén dos vídeos, facemos un percorrido visual por este lume que estivo moi preto das casas en aldeas como Rairos.
Ademais, continúa activo outro lume forestal no municipio, o de Nogueira, que se iniciaba onte e que afecta a unhas 140 hectáreas, segundo Medio Rural.
A última hora da tarde, volvía a restablecerse a circulación pola estrada de San Clodio a San Xoán de Río, que estivo cortada por mor do lume.
Dende estas liñas o noso agradecemento ás persoas que nos cederon as súas imaxes e vídeos.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: cedidos.