En portadaÚltima hora

O incendio de Ribas de Sil xa afecta a unhas 560 hectáreas

Foto: @BrifLaza.

 

Segundo as novas medicións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, o incendio forestal de Ribas de Sil xa afecta a unhas 560 hectáreas. Este lume comezaba ás 12:47 h. de hoxe e permanece activo arestora.

Permanece decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal activo arestora no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia homónima. Esta situación operativa de emerxencia declarouse pola proximidade do lume ao núcleo de Rairos.

Ata o momento mobilizáronse para controlalo 4 técnicos, 4 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén están solicitados medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

 

Incendio de Nogueira (Ribas de Sil

Permanece tamén activo o lume rexistrado ás 21,42 h. de onte neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 5 técnicos, 17 axentes, 31 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button