ConcellosÚltima hora

O incendio de Valdeorras afecta tamén á provincia de León

 

O incendio de Valdeorras, activo dende o xoves 14 de xullo, segue máis activo que nunca. Ata o punto de que na tarde do martes día 19 volvía pasar á provincia de León, afectando duramente a varias localidades como Salas de la Ribera e San Pedro de Trones, cuxos veciños tiñan que ser desaloxados ao pobo de Puente de Domingo Flórez.

Tal como explica o alcalde de El Puente de Domingo Flórez, Julio Arias, o incendio chegaba á zona, por dúas frontes. Unha entraba pola marxe dereita do Sil dende Quereño, Sobredo e Pardollán, saltando o lume a Salas de la Ribera. Por precaución desaloxaron o pobo pero os veciños puderon volver pola noite ás casas. Da marxe esquerda do Sil, procedente de San Xusto, chegaba a outra fronte do lume, collendo dirección San Pedro de Trones e Puente de Domingo Flórez. Os veciños de San Pedro seguen neste momento desaloxados.

Na mañá deste mércores 20 de xullo, os medios de extinción facían unha pasada de recoñecemento solicitando axuda da UME, varias brigadas e medios aéreos.

 

Vista do lume de San Pedro de Trones./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button