A Consellería do Medio Rural vén de actualizar os datos de superficie afectada dos incendios rexistrados na comunidade de máis de 20 hectáreas. Así segundo os datos provisionais recén publicados, o incendio de Riodolas (Carballeda de Valdeorras), iniciado o pasado xoves e que se estendía o domingo ao Barco e o luns a Rubiá; leva xa destavadas unhas 10.500 hectáreas, afectando tamén ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, e continúa activo.
No relativo ao incendio de Pradoalbar (Vilariño de Conso), tamén activo, ten ardido unha superficie de 4.000 hectáreas, afectando tamén ao Parque Natural do Invernadeiro. E no referente ao incendio da Pobra do Brollón, na veciña provincia de Lugo, son 10.000 as hectáreas afectadas polo lume.