ConcellosRubiáÚltima hora

O incendio forestal, ás portas de Quereño (Rubiá)

 

A reactivación do lume que afecta a Valdeorras nesta tarde achegábase ata as casas da localdiade de Quereño (Rubiá), no límite co Puente de Domingo Flórez. “O lume achegouse moito pero agora mesmo hai multitude de medios, tanto motobombas como aéreos, e tamén está a actuar a UME e nestes momentos está mellorando a situación”, explicaba ao Periódico O SIL o tenente de alcalde de Rubiá, Nacho Doce.

 

 

O lume entraba en Quereño dende Sobradelo, Vila e Pumares e arestora está tirando cara Vilar de Xeos.

Tamén na tarde e noite de onte esta zona de Quereño se vía afectada polo lume.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button