ConcellosÚltima hora

O incendio forestal de Soutadoiro (Carballeda de Valdeorras) deixa 6 hectáreas queimadas

Ao mediodía deste domingo dábase por controlado o incendio forestal que se iniciaba arredor das sete e media da tarde do psado sábado nas proximidades de Soutadoiro, no municipio de Carballeda de Valdeorras.

O lume queimaba unhas 6 hectáreas nunha zona de difícil acceso. Nos labores de extinción traballaban entre outros medios, tres helicópteros, unha decena de brigadas e tres axentes. Os labores continuaban neste domingo, no que tamén se volvía contar con dous helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button