ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O incendio ronda Viloira (O Barco)

 

As chamas do incendio iniciado en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) tamén se ían aproximando á localidade de Viloira (O Barco), chegando moi preto do seu cemiterio. Así pode comprobarse nestas imaxes cedidas ao Periódico O SIL e cuxa cesión agradecemos.

Os veciños vivían con tensión e moita preocupación esta situación, de feito, houbo algunha casa que a piques estivo de verse afectada polo lume, se ben a rápida intervención dos veciños, dos helicópteros e tamén de servizos de emerxencia como Protección Civil do Barco logrou evitar que chegasen as lapas.

Agora preocupan algunhas casas da parte alta de Viloira. Os veciños seguen moi pendentes da evolución do incendio, atentos a se volve baixar ou non.

 

Vídeos e fotos: Alba Prada.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button