OurenseÚltima hora

O Inorde lanza unha App de seguridade e emerxencia para os peregrinos na provincia

 

O Inorde vén de lanzar ‘caminOUrense’, unha aplicación de seguridade e emerxencia para os peregrinos que realicen algún dos itinerarios xacobeos oficiais na provincia de Ourense (Vía da Prata e Camiño de Inverno), plataforma que xa está incluída nos markets para a súa descarga.

Esta nova ferramenta, que se lanza como actividade previa á celebración da Mobile Week, foi desenvolta no marco do proxecto europeo Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular do que o Inorde é socio. A súa xerente, Emma González, fera a encargada de presentar esta nova ferramenta, na Ponte Romana de Ourense (por onde pasa a Vía da Prata), acompañada polo presidente do Club Asesou, Pablo Prada, quen xunto a un grupo de marcha nórdica emprenderon un tramo do Camiño para poñer a proba precisamente esta app.

Emma González dixo que “este lanzamento evidencia como as novas tecnoloxías poden mellorar as experiencias dos visitantes nos destinos, demostrando as oportunidades que nos ofrece a dixitalización para a transformación competitiva dos territorios”. Este novo dispositivo electrónico “non só ofrecerá maior tranquilidade aos visitantes que transcorran polos nosos itinerarios xacobeos, senón que, ademais, contar con esta ferramenta pode chegar a ser un motivo máis para atraer aos peregrinos a Ourense optando polos nosos roteiros mediante o coñecemento dos servizos que ofrecen”, engadiu a xerente do Inorde.

A aplicación ‘caminOUrense’ permite compartir e visualizar alertas de incidentes ou problemas que se poden atopar no transcurso do Camiño de Santiago pola provincia de Ourense. Permitirá ademais coñecer puntos de interese relacionados, eventos de interese cultural e mesmo interactuar cun Chatbot co que resolver dúbidas que poidas ter sobre a aplicación, todo relacionado co transcurso do Camiño de Santiago pola provincia de Ourense, en concreto coas Vía da Prata e o Camiño de Inverno.

Ligazóns para descargar a aplicación en dispositivos iOS e Android:

https://play.google.com/store/apps/details?ide=gal.depourense.caminourense
https://apps.apple.com/é/app/caminourense/ide1575350339

Artigos relacionados

Back to top button