DeportesPiraguismoÚltima hora

O K-2 sénior de Jesús Rodríguez e Miguel Fernández gana a Travesía de Foz

Entre os resultados logrados por padexeiros da provincia nesta regata lucense destacaba tamén a vitoria da veterana Mónica Piñeiro (Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño)

 

Bos resultados para os padexeiros da provincia de Ourense na LVIII Travesía de Foz (Lugo) celebrada a pasada fin de semana, entre os que sobresaía a vitoria do K-2 senior do Fluvial Barco formado polo asturiano Miguel Fernández e polo barquense Jesús Rodríguez. A proba desenvolvíase na enseada desta localidade lucense “baixo unhas estritas medidas sanitarias e de seguridade que impón a FEGAPI (Federación Galega de Piragüismo) en todas as súas competicións”, tal e como informa a Delegación de Ourense desta federación

A travesía disputábase nun percorrido de 12 km para embarcacións individuais e dobres e contaba coa presenza de 318 deportistas (246 homes e 72 mulleres) pertencentes a 35 equipos de Galicia e Asturias.

Entre había unha ampla representación ourensá da man dos clubs: Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Fluvial Allariz, Escuela Ourensana Municipal de Piragüismo e Fluvial O Barco.

Resultados máis destacados do Fluvial O Barco. Na clasificación xeral por clubs: 8º
1º Miguel Fernández/Jesús Rodríguez – Senior k2
6º Roberto Núñez/José Luis González – Veterano k2
7º Daniel Rodríguez/Juan José Rodríguez – Cadete k2
9º Emilio Vidal – Juvenil k1

Fluvial Allariz. Clasificación xeral por clubs: 18º
4º Carmen Diez. Veterana k1
20º Borja Conde. Senior k1

Escuela Ourensana Municipal de Piragüismo. Xeral por clubs: 20º
6º Raúl Piñeiro. Veterano k1
6º Yago Outeiriño. Junior k1

Fluvial Avión-Castrelo de Miño. Xeral por clubs: 21º
1º Mónica Piñeiro. Veterana k1
10º Pedro Andrés/Pedro Piñeiro. Veterano k2

Fotos cedidas pola Delegación Provincial de Ourense da Federación Galega de Piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button