DeportesKárateÚltima hora

O karateka valdeorrés Nicolás Rodríguez adica o seu trofeo a Luis Nogueira

O adestrador do KC River Stone do Barco era terceiro na categoría veterano do campionato de España de estilos celebrado en Leganés (Madrid)

 

Este 2 de abril, Venres Santo, foi un bo día para o Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras. Apenas dúas semanas despois de triunfar nos campionatos galegos Sénior e Infantil, varios membros do club valdeorrés participaban hoxe na I Copa de España de Estilos Internacional celebrado en Leganés (Madrid).

No estilo Shotokan, no que compite habitualmente o River Stone, esta mañá lograba a medalla de prata e segundo posto na categoría alevín, Nazan Barreda; e esta tarde tócaballe o turno ao adestrador, Nicolás Rodríguez, que conseguía un dos terceiros postos na categoría de veteranos.

 

Nicolás nun momento da competición.

 

Na primera e na segunda volta repetíase o resultado, 5-0; e xa na semifinal un mal movemento poñía por diante ao rival de Nicolás quen, vencía 5-0 na loita polo bronce. “Eu, como árbitro, vino hoxe campión de España. Mágoa dese mal xiro que o relegou á loita polo bronce, pero aí está”, asegura a tamén karateka valdeorresa, Raquel F. Cruz.

Despois dun confinamento, dun ano no que custou volver empezar e, sobre todo despois dun día tan completo como o de hoxe, coa competición dos seus alumnos pola mañá e da súa propia pola tarde, o resultado non pudo ser mellor e Nicolás amósase contento con este segundo bronce en quince días (tamén era terceiro no Campionato Galego Sénior). Unha felicidade quizais só empañada polo falecemento na tarde de onte doutro gran deportista e amigo, o lanzador de xavelina Luis Nogueira, a quen lle adicou o seu trofeo.

Fotos: RFEK.

Artigos relacionados

Back to top button