DeportesÚltima hora

O karateka valdeorrés Nicolás Rodríguez é nomeado seleccionador galego de kata

O técnico está á fronte do KC River Stone dende a súa fundación hai máis de 30 anos

Nicolás Rodríguez Rodríguez.

 

A vinculación e implicación co karate de Nicolás Rodríguez, deportista valdeorrés á fronte do KC River Stone do Barco, está fóra de toda dúbida.  E así o recoñecen dende a Federación Galega de Karate que vén de comunicar o seu nomeamento como seleccionador galego de kata.

Tal como avanzan dende a federación, o técnico ourensán compartirá este cargo con Noelia Cortiñas Expósito, quen ata agora era a única responsable desta modalidade.

Nicolás Rodríguez, natural de San Paio (Petín), leva toda a vida vinculado deportivamente ao karate, estando á fronte do CK River Stone dende a súa fundación no ano 1989, no ximnasio que lle dá nome, no Barco. “Cando me chamaron para dar clase puxen como condición que se creara o club e así se fixo”, explica o propio Nico, como é coñecido no ámbito deportivo, que continúa dirixindo aos cativos nas instalacións no pavillón de Calabagueiros, onde leva tamén as escolas municipais de karate.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button