Dende o pasado Xoves de Compadres, o Lardeiro preside a praza de Vilariño de Conso que, este ano non acollerá os desfiles de folións chegados dende diferentes partes do municipio e doutros concellos veciños. De seguro, mañá estará acompañado pola Lardeira para presidir un Entroido moi diferente aos vividos ata agora en Vilariño de Conso, sen festa nas rúas.
Fotos: Carlos G. Hervella.