DeportesFútbolÚltima hora

O Lemos, equipo no que xoga o valdeorrés Brais Meco, convida á afección a asistir mañá á celebración do centenario do club

Plantel do Lemos.

 

“Querida afección, este domingo tedes a cita máis importante do ano. Unha cita centenaria”. Así arranca o vídeo con imaxes do equipo, co que o Club Lemos no que xoga o futbolista valdeorrés Brais Meco, convida aos seus seareiros a asistir ao campo e dalo todo este domingo pola tarde.

Mañá, 23 de abril o Lemos celebrará o centenario do club co partido do Lemos B ás 17 horas, o do Lemos-Mugardos ás 19:15 horas e xa a partir das 21 horas pancetada, presentación do himno e batucada.

Pode verse o vídeo neste enlace: https://www.facebook.com/ClubLemos1923

 

 

Artigos relacionados

Back to top button