CulturaCulturaÚltima hora

O libro “Breviario breve da devoción popular” de Baldomero Iglesias presentarase o 9 de abril en Santiago

O acto terá lugar ás 19h. no Auditorio do Museo do Pobo Galego

 

Diferentes xeitos populares de oracións, rezos e outras formas de expresión. Baldomero Iglesias, Mero, recolle no seu libro “Breviario breve da devoción popular”. É unha obra que sae á luz despois dun traballo de moitos anos de andar polas aldeas galegas escoitando a xente para interesarse polo que dicían, cantaban ou contaban e tamén por como o dicían, cantaban e contaban.

Esta obra, editado polo Museo do Pobo Galego dentro da súa colección Manuais e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presentarse o vindeiro 9 de abril ás 19h. no Auditorio do Museo do Pobo Galego en Santiago. Neste acto o autor estará acompañado por Rubén Aramburo Molet, Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; e Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.

 

 

“Breviario breve da devoción popular” é un traballo etnográfico que “agora se mostra para unha interpretación desde o presente. Documentos que falan dun xeito entender e estar no mundo, que formaban parte dunha cosmovisión dentro dun sistema cultural propio. Mais ese xeito de entender e estar no mundo estaba mudando por mor dos cambios sociais e económicos que a sociedade estaba experimentando na segunda metade do século XX. Cambios que poden valer para avanzar, mais tamén para desmontar o anterior, rompendo o sistema de transmisión. Por iso, a recolla é un xeito de recuperar e salvagardar unha información, pero tamén un xeito de dignificar a xente que así se expresaba, a súa cultura, o seu xeito de entender o mundo e, como non, a súa lingua”, aseguran dende o Museo do Pobo Galego.

Artigos relacionados

Back to top button