CulturaCulturaÚltima hora

O libro “Esgrafiado gallego” preséntase o 29 de decembro en Castro Caldelas

 

Dentro da programación de Nadal de Castro Caldelas terá lugar o venres 29 de decembro a presentación do libro “Esgrafiado gallego. Un museo al aire libre” de Mar López Sotelo. O acto está previsto para as 18:30h. no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas.

 

 

Esta singular arte está moi vinculada a este municipio. Non en van nel atópanse grandes mostras significativas e únicas dela como é o “axedrezado” nalgunhas casas ou exemplos tan significativos de esgrafiado como o Mosteiro de San Paio, cuxas paredes están íntegramente esgrafiadas. Ademais, cabe mencionar a recuperación realizada no casco histórico da vila, onde se combina o esgrafiado e o muralismo.

Ademais da presentación do libro, despois terá lugar a inauguración dunha mostra sobre esgrafiado no mesmo castelo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button