CulturaCulturaÚltima hora

O libro que recolle as investigacións sobre a “Ciudad de la Selva” presentarase en Casaio e no Barco nesta fin de semana

Editado por Edicións Positivas, reúne os resultados do traballo do equipo de Sputnik Labrego nestes enclave da guerrilla antifranquista

 

Sabíase da súa existencia, pero non da súa localización exacta. E co fin de localizar ese conxunto de antigos campamentos da guerrilla antifranquista espallados polos montes de Casaio chegaban no 2017 a esta localidade de Carballeda de Valdeorras os membros de Sputnik Labrego. O seu traballo ao longo destes sete anos atopan un total de 18 campamentos utilizados pola guerrilla e escavaba ata oito deles, documentando “un dos maiores conxuntos de obxectos vencellados a unha guerrilla de toda Europa Occidental”, segundo os investigadores.

Agora todo ese labor de estudo, tanto documental como arqueolóxico, vén de reunirse nun libro que acaba de publicar Edicións Positivas: “Ciudad de la Selva. Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio”. Este volume de preto de 300 páxinas, con limiar de Xurxo Ayán e coordinado por Carlos Tejerizo e Alejandro Rodríguez, será presentado a finais de setembro en Valdeorras.

A primeira das presentacións terá lugar en Casaio (Carballeda de Valdeorras) ás 19h. do venres 20 de setembro e, ao día seguinte, 21 farase unha nova presentación no salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco).

 

Artigos relacionados

Back to top button