CarballedaConcellosÚltima hora

O lume entra de novo en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras)

 

Tras conseguir frear as chamas onte, en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) están de novo esta tarde combatendo con forza o lume do incendio forestal que afecta a Valdeorras. Desta volta as chamas entraban pola parte de arriba do pobo e xa afectan alomenos a unha casa, que está deshabitada.

Os veciños, xunto con varios medios de extinción, entre eles algún helicóptero, están loitando contra as chamas co que poden xa que a localidade non ten arestora nin auga nin luz, o que impide sacar a auga dos pozos. A estrada que vai a Sobradelo está cortada por momentos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button