SanidadeÚltima hora

O luns comezará a vacinación contra a gripe do persoal dos centros sanitarios públicos da provincia

 

Como vén sendo habitual, antes do inicio da campaña da gripe para o conxunto da poboación diana, o vindeiro luns 18 de outubro dará comezo a vacinación para os preto de cinco mil profesionais que exercen nos centros sanitarios públicos de Ourense. No caso da Atención Primaria poderá realizarse no propio centro de saúde do profesional.

Segundo a Consellería de Sanidade, “a vacinación dos sanitarios responde a tres cuestións importantes. A primeira á necesidade de protexerse ante unha posible infección pola gripe, especialmente naqueles traballadores con patoloxías de risco. A segunda é polo compromiso ético de atender coa máxima seguridade aos seus pacientes e de cara aos compañeiros e ás propias familias. E a última, pero non menos importante, é por un deber de exemplo cara á sociedade, aportando seu grao de area para concienciar a poboación do valor e seguridade das vacinas”.

O pasado ano, di Sanidade, alcanzouse unha cobertura vacinal do 74,6% entre o persoal dos centros sanitarios, un 23% máis que en 2019, e nesta ocasión o obxectivo será superar o 75%.

 

Artigos relacionados

Back to top button