CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Mago Antón recala na Rúa na súa ‘Volta a Galicia en 313 Concellos’

 

No último día de festas e festivo local na Rúa, os nenos e as súas familias volven ser o protagonistas do programa cunha actividade de ilusionismo que fai a delicias dos asistentes, dentro do programa ‘Cultura no Camiño’ da Xunta.

 

 

Trátase do Mago Antón e o seu espectáculo “A Volta a Galicia en 313 Concelllos” no magomóbil, un autobús especialmente deseñado para a ocasión onde impartirá cinco sesións. As dúas primeiras tiñan lugar na mañá deste luns 8 de agosto (ás 12 e ás 13 horas) na praza da Estación, ás que acudían numerosos cativos da vila que gozaron a un ritmo trepidante, dunha docena de xogos de maxia, todos eles de creación propia.

Xa de tarde haberá outras tres sesións: ás 17, ás 18 e ás 19 horas, desta volta no Aguillón.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button