CulturaCulturaÚltima hora

O Mago Teto recala este domingo na Rúa cos seus “25 anos de Tolemaxias”

Ás 12h. dará unha charla no Centro Cultural Avenida e á 18h. porá en escena o espectáculo de maxia
O Mago Teto.

Esta fin de semana comeza por todo o alto a segunda edición de Terra Máxica, que se desenvolverá ata o 30 de abril en diversos escenarios de cinco concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín, cos espectáculos de cinco grandes artistas, como Fran Rei, o Mago Teto, Dani García, o Mago Xacobe e o Mago Paco.

Na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, Terra Máxica ten función os venres ás 19h, e arrinca hoxe, 7 de abril “c’O conto de Barriga Verde” de Fran Rei. O cómico xunta neste espectáculo narración oral, maxia e as súas dotes de clown, repasando a obra de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2016. Á mesma hora estará o sábado 8 no Auditorio Municipal de Verín, e o domingo 9 ás seis na Casa da Cultura de Allariz.

O Centro Cultural Avenida da Rúa acolle este domingo 9 de abril ao Mago Teto, coa súa charla “A incrible historia da maxia” ás 12h. e os “25 anos de Tolemaxias” ás seis da tarde. Despois de años xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro ou a danza… con este espectáculo o mago natural de Viana do Bolo regresa á esencia o ilusionismo en estado puro con efectos novidosos tocando todas as disciplinas (dende efectos de maxia de preto ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo ou a manipulación) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas “cun toque canalla”, sempre co obxectivo de lograr un espectáculo “entretido, divertido, estético, emotivo e, sobre todo, cheo de ilusión e de ilusións”.

Artigos relacionados

Back to top button