CulturaCulturaÚltima hora

O mal tempo obriga a modificar horarios e escenarios no “De Perto” do Barco

A actuación da narradora Ángeles Goás, prevista para este martes 3 de xullo, será ás 20:30h. na Sala Julián Trincado da Casa Grande de Viloira
Cartel cos cambios de horarios e lugares das actuacións de De Perto no Barco.

As malas condicións meteorolóxicas están a condicionar en certo modo o desenvolvemento do ciclo cultural De Perto no Barco, unha de cuxas características é que os seus espectáculos se celebran ao aire libre. Pois ben, as chuvias caídas xa o pasado vernes obrigaban a cambiar de escenario o recital “Eloxio da palabra” de Juan Carlos Mestre, trasladándoo da Casa Grande de Viloira ao Teatro Lauro Olmo.

A persistencia do “tempo invernizo” levaba tamén á organización a tomar a decisión de mudar outro dous escenarios e, ademais, os horarios. Así o espectáculo de narración oral “O medo é libre” de Ángeles Goás será este marte 3 de xullo ás 20:30h. na Sala Julián Trincado da Casa Grande de Viloira. E a intervención de Marcos Rodríguez Pantoja, “A miña vida entre lobos”, o mércores 4 de xullo neses mesmo lugar.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button