DeportesÚltima hora

O martelista barquense Carlos Revuelta, no campionato de España de lanzamentos longos

O valdeorrés Carlos Revuelta, cos dous atletas que adestra e que tamén competirán no nacional absoluto./ Foto cedida.

 

O sector de lanzamentos longos será novamente protagonista na competición nacional de atletismo, neste caso nas categorías absoluta e máster. A nivel absoluto, disputarase en Campionato de España de lanzamentos longos de inverno en Montijo onde tomarán parte sete lanzadores galegos, entre eles o barquense Carlos Revuelta Parra, do A.D. Marathon.

Este martelista “aspirará a mellorar a cuarta posición no nacional de lanzamentos que lograba o ano pasado”, tal e como indican dende a Federación Galega de Atletismo. Ademais na cita estarán dous atletas adestrados polo valdeorrés. É o caso da tamén galega Irene Gómez quen o pasado fin de semana lograba o título nacional de promoción. Así mesmo acudirá á proba o malagueño Juan Jiménez, tamén ouro Sub-20 na pasada fin de semana en Castellón.

 

Artigos relacionados

Back to top button