DeportesÚltima hora

O martelista barquense Carlos Revuelta, no Meeting Desafío de Nerja

Carlos Revuelta, nunha competición anterior desta tempada./ Foto cedida.

 

A localidade malagueña de Nerja acollerá mañá mércores o Meeting Desafío, proba na que se participa por invitación, que nesta segunda edición contará con varios dos mellores atletas españois de medio fondo, que buscarán mellorar algún dos récords españois máis antigos, así como cun interesante concurso de lonxitude e lanzamento de martelo.

Entres eses participantes estará o lanzador de martelo barquense Carlos Revuelta, nun concurso mixto con oito participantes no que ademais lanzarán tres dos atletas adestrados por el, Juan Jiménez (campión de España sub 20), Irene Gómez (Campioa de España sub 20) e Blanca López (varias veces medallista nacional), así como o campión de Europa sub 23, Alberto González.

Artigos relacionados

Back to top button