Ao longo da xornada deste sábado 29 de outubro desenvolvíase a celebración do Samaín Obarcoaberto, que organiza o Centro Comercial Aberto. Incluía un intenso e variado programa, que se desenvolvía nunha carpa instalada na praza do Concello do Barco. Había talleres infantís de diverso tipo, unha xincana comercial, xogos de Samaín para os máis pequenos, pintacaras (a cargo de Escola de Artes Dalí), photocall de Samaín, un carriño de flocos de millo gratis…
E como broche desta celebración nenos e maiores podían desfrutar dunha sorprendente e divertida actuación do vianés Mago Teto. Traía ao Barco o seu espectáculo “Alquimia”, con diversos tipos de maxia e cunha interacción continua co público.
Fotos: A.R.