OurenseÚltima hora

O mellor pop rock alternativo, na III edición do OURFest, o 14 de setembro en Expourense

Un cartel excepcional que reúne a artistas internacionais como Jake Bugg, Miles Kane, Yard Act e Teenage Fanclub, e nacionais como Los Enemigos ou Caballo Prieto Azabache

 

Este sábado 14 de setembro, Expourense abrirá as súas portas para unha xornada repleta do mellor pop rock alternativo, a III edición do OURFest, un festival que en tan só tres anos, logrou posicionarse como un referente da escena musical nacional, e este 2024 non será diferente, cun cartel que promete emocións fortes grazas á presenza de artistas como Jake Bugg, Miles Kane e Yard Act, que actuarán por primeira vez en Galicia, xunto a grandes nomes como Teenage Fanclub, Los Enemigos e Caballo Prieto Azabache.

Na mañá deste mércores 11 de setembro tiña lugar a presentación do evento en Expourense, onde participaron Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia; César Fernández, vicepresidente segundo
da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura; Aníbal Pereira, tenente de alcalde do Concello de Ourense; e David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival. Unha presentación na que se destacou a relevancia do festival non só como evento musical, senón como un verdadeiro motor cultural e turístico para a rexión. A colaboración de entidades como a Xunta, a través de Turismo de Galicia e Xacobeo, a Deputación
de Ourense ou o Concello de Ourense.

Rogelio Martínez, director xerente de Expourense, abriu a rolda de prensa destacando o compromiso do recinto co festival, que abre a tempada de eventos este ano, e o seu papel na proxección de Ourense. A continuación, César Fernández destacou “a importancia dos eventos culturais para a dinamización dun territorio, atraendo a miles de persoas e enchendo os hoteis e restaurantes”. Pola súa banda, Aníbal Pereira
comentou que  “OURFest pon a Ourense no mapa cultural e turístico de Galicia, ofrecendo unha oportunidade para mostrar o mellor da nosa cidade e este ocio fai á xente máis feliz”. David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival, engadiu que “este ano, igual que nos anteriores, seguimos na liña da búsqueda da calidade e non da cantidade, atraendo a xente de moitas partes, cun cartel diferente, con bandas que teñen un pasado e bandas actuais que están dando moito que falar”.

 

 

Finalmente, Xosé Manuel Merelles pechou as intervencións afirmando que “grazas tamén ao traballo conxunto das tres institucións, Ourense converteuse nunha das principais cidades musicais non só de Galicia, senón tamén a nivel estatal, axudando a proxectar a nosa cultura e atraeando tamén a visitantes do norte de Portugal cun cartel tan atractivo e diferente”.

O cartel deste ano inclúe a Caballo Prieto Azabache, que abrirá a xornada ás 17:30 horas coa súa mestura de enerxía e melancolía. Ás 18:45 horas, Los Enemigos tomarán a substitución, presentando o seu último álbum Bestieza. Ás 20:15 horas, Teenage Fanclub, pioneiros do power pop, ofrecerán un set cheo de nostalxia con temas do seu álbum Endless Arcade. A noite avanzará con Miles Kane ás 21:45 horas, quen traerá a súa inconfundible mestura de rock alternativo e glam rock. Ás 23:15 horas, Yard Act ofrecerá a súa electrizante post-punk con crítica social. O peche ás 00:45 horas chegará con Jake Bugg, presentando temas do
seu próximo álbum A Modern Day Distraction.

As entradas para a terceira edición de OURFest están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).

Artigos relacionados

Back to top button