
Entre o 29 de decembro de 2020 e o 5 de xaneiro de 2021, disputouse nos pabillóns Patarita o XIX Torneo Indoor de Tenis Villa de Bembibre no que participaron vinte tenistas na única categoría programada para esta edición, a de masculino absoluto.
E entre os deportistas participantes neste campionato de tenis de Nadal, chegados dende diferentes puntos de España, estaba o membro do Club Tenis Rúa, Diego Blanco, que se proclamaba campión absoluto do torneo ao vencer na final ao leonés Sergio Gutiérrez por 6-2/6-2.