ConcellosEn portadaGalerías de fotosRubiáÚltima hora

O “Mercadiño Navideño” de Rubiá abre as portas con 25 postos

Mañá, domingo 3 de decembro, abrirá de 12 a 14 e de 16 a 20 horas

 

Na tarde deste sábado 2 de decembro e tal como estaba previsto, abría as portas o “Mercadiño Navideño” de Rubiá.

 

 

En total son 25 os postos de artesanía, gastronomía e agasallos (algúns comparten espazo) que participan nesta edición do mercado, de novo baixo unha carpa climatizada, instalada na céntrica praza do Concello. Sobre todo hai postos con artigos decorativos (feitos con cera vexetal, con lá, con madeira,…) pero tamén hai plantas e adornos florais, prendas para bebés, bixutería, artigos de segunda man, mel, doces, licores,… Tampouco faltan os postos de Asfaval e Ambi (asociacións de persoas con discapacidade intelectual e física, de Valdeorras e O Bierzo respectivamente) nin a arte en madeira de Spoombini.

 

 

A iniciativa, esta promovida polo Concello de Rubiá e na xornada inaugural os asistentes puideron degustar unha chocolatada. Na xornada de mañá, domingo 3 de decembro, o mercadiño estará aberto de 12 a 14 e de 16 a 20 horas. Como complemento, ás 19 horas haberá magosto con chourizo, pan e bullós.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button