EconomíaEconomíaÚltima hora

O mercado “Arte de Man” de Allariz abre o prazo de inscrición para unha nova edición

Publicidade

 

O Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende fai varios anos o Mercado de Artesanía “Arte de Man”. O evento pretende promocionar, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros profesionais galegos convidados. A data prevista para a edición de 2021 (como vén sendo habitual o segundo domingo do mes de setembro) será o 12 de setembro.

Con motivo deste evento a organización vén de publicar as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles/as artesáns/ás cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia.

O prazo de inscrición comezará o luns 21 de xuño e estará aberto ato o 23 de xullo de 2021. As/os artesáns interesados en participar poden inscribirse a través da páxina: www.allariz.gal/artedeman

Técnicas de promoción económica xunto con artesáns de Allariz serán os encargados de seleccionar aos participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira.

Artigos relacionados

Back to top button