OurenseÚltima hora

O Ministerio de Medio Ambiente concede unha axuda de 10.000 euros a Adega

Faino a través dun convenio asinado entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a asociación ecoloxista

 

O convenio vén de ser asinado esta tarde na sede da CHMS.
O convenio vén de ser asinado esta tarde na sede da CHMS.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), asina un convenio de colaboración coa Asociación Ecoloxista de Galiza (Adega), mediante o que se entrega unha subvención de 10.000 euros para a posta en valor da conca do Miño-Sil, entre outras metas. O documento foi suscrito esta tarde na sede da CHMS polo presidente do devandito organismo, Francisco Marín, e Virxinia Rodríguez no nome de Adega.

A cantidade que se entregará en concepto de axuda tamén irá destinada ao desenvolvemento dun programa de formación de voluntarios ambientais a través das accións de Adega. Neste senso, o presidente da CHMS remarcou: “consideramos que a participación e colaboración na formación de voluntarios é fundamental, co ánimo de concienciar á población da importancia de contribuir, sobre todo, na conservación dos cauces, pero amén na mellora dos ecosistemas fluviais”.

Pola súa banda, a asociación ecoloxista que se fará cargo desa formación recorda que vén desenvolvendo accións neste campo desde fai anos a través do Proxecto Ríos, que ten como finalidade principal dar a coñecer o papel fundamental dos cauces dos ríos e das súas problemáticas ambientais. Tamén traballa na divulgación de prácticas e comportamentos que permitan aso cidadáns o mantemento e mellora dos sistemas fluviais mediante dinámicas que impliquen a súa participación.

Por último, según se indicou, ambas partes comparten o obxectivo común da defensa e promoción da sostibilidade dos ecosistemas fluviais e consideran de gran importancia levar a cabo actividades de cooperación no eido do desenvovemento sostible e da educación ambiental.

Artigos relacionados

Back to top button