DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

O monfortino Edu Iglesias finaliza o seu terceiro Dakar en Arabia Saudí

O piloto lucense recibía onte a súa medallla de 'finisher' tras completar a 12 e última etapa do rally polo deserto

 

Tras dúas duras e intensas semanas no deserto de Arabia Saudí, o piloto monfortino Eduardo Iglesias xa está en casa e coa súa terceira medalla de finisher do rally Dakar, unha experiencia só apta para uns poucos.

Na xornada de onte, venres 14 de xaneiro, disputábase a 12 e última etapa. Un total de 680 km, dos que 164 foron de especial, con enlaces longos tanto antes da especial, saíndo do bivaouc ás 5 da mañá, como tras terminala onde tocaba chegar a Jeddha para o Podio de chegada. “A especial foi curta pero non por iso deixou de ser moi intensa”, aseguran dende o equipo lucense, o Monforte Rally Team, explicando que a etapa discorreu principalmente por pistas de grava e area entre canóns con difícil navegación e moi técnicas.

 

Eduardo Iglesias coa medalla de ‘finisher’ do Dakar 2022.

 

Así e todo, Edu conseguía finalizar o Dakar 2022, no P78 na xeral e P57 na súa categoría, o Rally 2. “Foi un bo rally e está moi contento co seu ritmo durante a carreira, moito mellor que en edicións anteriores, sendo a distancia en tempo con respecto ao vencedor moi inferior aos anos anteriores”, aseguran dende o seu equipo, lamentando que esta melloría non se vira reflectida na clasificación debido ao tempo que perdeu na primeira etapa pola caída e tamén a que o ritmo de carreira foi moi rápido para todos e non puido remontar. “Con todo, desde a caída na primeira etapa, que nos relegou a un posto moi baixo na clasificación, remontou 40 posicións”, din orgullosos.

Finalmente, tras percorrer os 286 km de ligazón da útlima etapa e sabendo que tiña o seu terceiro Dakar, Edu chegaba ao circuíto de fórmula 1 de Jeddha onde estaba instalado o Podio de chegada e onde o seu equipo pudo subir coa bandeira galega recibindo a súa medalla de finisher do dakar 2022. “Moita emoción neste día no que tocaba recoller maletas e organizar o que nos traiamos ou deixabamos no camión para que fóra por barco e despois a durmir a un hotel porque hoxe sábado tocaba o último madrugón para regresar a casa co obxectivo cumprido”.

Fotos e vídeos cedidos

 

 

Artigos relacionados

Back to top button