CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, dentro da programación do festival Espazos Sonoros 2019

Será un obradoiro de achegamento á música antiga, que terá lugar o vindeiro 8 de setembro

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada de Sil, estará dentro do programa da XII edición do festival Espazos Sonoros 2019. A actividade que se celebrará é un obradoiro de achegamento á música antiga, o cal terá lugar o domingo 8 de setembro ás 12:00 horas. Así, ás 15:00 horas tamén se fará unha visita guiada polo conxunto do mosteiro.

 

Durante a presentación do festival.

 

A presentación do festival tivo lugar hoxe, 22 de xullo en Santiago de Compostela da man do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Celebrarase do 1 de setembro ao 6 de outubro en distintas edificacións históricas como son a igrexa de Santa Liberata, a de Santo Estevo de Chouzán, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a catedral de Tui, a capela do antigo colexio-instituto da Fundación Fernando Blanco, o pazo do Faramello, a igrexa de San Miguel de Lebosende e o mosteiro de Santa María de Penamaior.

 

Durante a presentación do festival.

 

Así, as agrupacións musicais que forman parte do programa musical serán Cantaderas, o Dúo Fracanapa, Michael Schöch, Mateo Arnáiz, Rosalía Gómez lasheras, L’Unisoni e Capella des Ministrers. Este ciclo está promovido pola Xunta de Galicia.

Fotos: Facebook festival Espazos Sonoros

Artigos relacionados

Back to top button