CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Galego do Entroido, en Xinzo, abrirá nas fins de semana

Coincidindo coa época estival o centro cultural recibirá visitantes os venres en horario de tarde e sábados e domingos de 10 a 13 e de 17 a 20horas

Museo do Entroido en Xinzo.

 

Coincidindo coa época de verán, cando a poboación se multiplica en Xinzo de Limia, o Museo Galego do Entroido abrirá todas as fins de semana para amosar aos visitantes o seu potencial cultural. Os interesados poderán achegarse a este centro cultural os venres en horario de tarde, de 17 a 20 horas, e os sábados e domingos xa dende a mañá, de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, á espera de que se resolvan os trámites que iniciou o Concello para incluír o Museo no Sistema Galego.

O Concello de Xinzo de Limia tomou a determinación de intentar impulsalo e dinamizalo por ser un referente cultural e para convertelo tamén nun polo de atracción turística. Representantes do goberno local e da Dirección Xeral de Patrimonio mantiveron reunións nas que a alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, mostraron a intención do executivo de dinamizar as instalacións coa inclusión do centro cultural no Sistema Galego de Museos. Tal e como explicaron desde Patrimonio, para que a petición se materialice é necesario contar cun proxecto museístico, que deberá realizar a empresa á que se externalice a xestión das instalacións.

 

Outra imaxe do museo.

 

Artigos relacionados

Back to top button