BaloncestoDeportesÚltima hora

O MV Barco regresa á competición nunha intensa fin de semana

 

Pasadas as vacacións de Nadal, o MV Barco regresaba á competición ligueira nunha intensa fin de semana na que disputaban ata oito partidos con resultados moi variados.

O equipo sénior masculino perdía 63-58 na cancha do Escairón; o júnior masculino pola contra vencía 37-57 ao Depordima na súa propia cancha. O júnior feminino pola súa banda caía ante o Depordima por 43-22; o cadete masculino vencía con contundencia (24-67) na cancha do Maristas; e o cadete feminino perdía 58-19 na cancha do Carmelitas. E xa os máis pequenos, o equipo infantil mixto, caía 75-28 ante Depordima.

Tamén xogaban os equipos alevín (na cancha do Mestre Vide) e benxamín azul (contra Guillerme Brown). O benxamín vermello foi o único que descansou.

As imaxes corresponden aos partidos dos equipos júnior (masculino e feminino) e do sénior masculino.

 

 

Fotos: Loispradaf.

Artigos relacionados

Back to top button