ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

O Nazareno volverá percorrer as rúas do Barco no día grande das festas, o 14 de setembro

Procsión do Cristo no ano 2019, antes da pandemia./ Foto: A.R.

 

Só un día despois de que os concelleiros de Cultura e Deportes do Barco, Margarida Pizcueta e Aurentino Alonso, presentarán o programa lúdico e deportivo das Festas do Cristo, era o párroco Jesús Álvarez o encargado de facer o propio do apartado relixioso, moi esperado polos devotos do Nazareno.

 

O párroco do Barco, Jesús Álvarez co cartel da novena. /Foto cedida.

 

Un programa que recupera o esquema tradicional, suspendido durante dous anos por culpa da pandemia, coa novena, procesión e santa misa, incorporando varias novidades.

Unha delas chegará xa na novena que comezará este venres 5 de setembro e na que por primeira vez cantará o Orfeón Valdeorrés, para rendir homenaxe ao anterior párroco Tomás Rodríguez Carbajo, falecido hai un mes. A novena estará ademais predicada polos cinco sacerdotes da Unidade Pastoral (antigamente Arciprestazgo do Barco) como un guiño aos compañeiros. O domingo haberá máis novidades pendentes de confirmar.

 

 

E xa o 14 de setembro, día do Cristo, haberá outras dúas novidades. As misas serán coma sempre cada hora dende as 8 da mañá pero ás 11:30 horas farase a concentración na praza de San Mauro das Cruces e Estandartes de todas as parroquias da Unidade Pastoral. A outra novidade é a saída xunto á imaxe do Nazareno doutra imaxe convidada (cada ano será unha distinta) que nesta ocasión será a da Asunción do Castelo (Rubiá), cuxa igrexa foi pasta das chamas durante o incendio que arrasou boa parte da comarca de Valdeorras o pasado mes de xullo. A Virxe, que estaba na capela, non ardeu e o 14 de setembro acompañará ao Cristo polas rúas do Barco a partir das 12 horas. “Convidar a unha imaxe que milagrosamente se salvou das chamas será un guiño á esperanza e á recuperación despois da desgraza, como un símbolo de recuperación”, dixo o sacerdote.

 

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button