
Dende que comezara a pandemia ala polo mes de marzo de 2020, pasaron quince meses moi complicados, non só a nivel sanitario senón tamén social e cultural.
Por iso é especialmente importante o regreso progresivo á actividade en todos os niveis. A uns custaralle máis e a outros menos pero pouco a pouco os colectivos vólvense xuntar (mantendo as medidas sanitarias vixentes) en torno ás diferentes activididades. É o caso do Orfeón Caldelas que tras meses de inactividade regresa mañá aos ensaios. A partir de ahí, a agrupación coral dirixida por Manuel Vila xuntarase cada venres de sete a oito da tarde no edificio de “Os Pinos”, en Castro Caldelas, para poñer a punto as voces e o repertorio para futuras actuacións.
Neste momento o Orfeón Caldelas está formado por 22 voces, maioritariamente femininas, e está aberto a novas incorporacións. De feito o propio director adianta que se hai alguén interesado en forman parte do coro, non ten máis que poñerse en contacto con el a través do número de teléfono: 648 736 984.
