CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trivés actuará no Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, o 25 de novembro

Actuación do Orfeón Trivés nas Festas de San Bartolomé, en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Moito tempo leva o Orfeón Trivés sen actuar fóra de Galicia. “A última vez fomos a Bermeo hai xa moitos anos”, di a directora Sandra González, e por iso lles fai especial ilusión a viaxe que, organizada en apenas quince días, realizarán ao País Vasco o vindeiro sábado 25 de novembro, para actuar convidados polo Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo.

O festival, no que compartirán escenario coas dúas corais de Barakaldo (Coral Zigor e O Noso Lar) e unha de Cantabria (Coral La Encina de Santander), comezará ás sete da tarde e os triveses serán os primeiros en actuar, interpretando para a ocasión cinco obras, tres en galego: Aguita del río, Te quiero, Meu amor é mariñeiro, Ruada de Chamosa e Quen poidera namorala (con arranxos de Sandra González e acompañada á gaita por Rocío Fernández). De forma conxunta interpretarán A Rianxeira.

Tal como adiantan dende o orfeón aproveitarán a viaxe para visitar os lugares máis significativos da cidade vasca.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button