ConcellosO BarcoÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés actuará o 1 de xullo na igrexa de Vilanova (O Barco)

O concerto forma parte da programación do XI ciclo De Perto

Unha das últimas actuacións do Orfeón Valdeorrés./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A igrexa barquense de Vilanova acollerá o vindeiro 1 de xullo ás 19:30h. un concerto do Orfeón Valdeorrés no que, ademais, estará acompañado para a ocasión da Coral Torreblanca de León. Será unha actuación na que a formación coral que dirixe José Ramón Mansilla interpretará pezas como “A solas tú y yo” de Ricardo Guirao, “Lela” de Castelao (con harmonización para coro mixto de José R. Mansilla) , “Volver” de Carlos Gardel (e arranxo para coro de Alejandro Daniel Garavano) e “Locuras” de Silvio Rodríguez (con arranxos de Liliana Canganio).

Pola súa banda, a Coral Torreblanca, dirixida por Luis Mendaña Balsa e que ten como solistas a Elena Miguélez (soprano) e Pedro Fernández (barítono), cantará os seguintes temas: “María Lassú” (Bepi de Marzi), “An irish blessing” (James E. Moore Jr.), “I believe” (Mark Miller), “La Nuit” (Jean Philippe Rameau), “Si la nieve resbala” (popular/harmonización de Julio Domínguez), “No te asomes, mocita” (popular con harmonización de Ángel Barja) e “Al compás de habanera” (Evaristo F. Pérez García).

Esta actuación forma parte do XI De Perto, un ciclo dedicado á palabra que promove o Concello do Barco e que se iniciaba o 26 de xuño coa actuación dun grupo do Conservatorio do Barco na igrexa de Éntoma.

 

Artigos relacionados

Back to top button