CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Orfeón Valdeorrés pon son á primavera cun concerto na Rúa con outras dúas corais

 

Gran acollida do Festival de Primavera que o Orfeón Valdeorrés celebraba na tarde do 15 de abril no Centro Cultural Avenida da Rúa. Había xa bastantes anos que esta formación coral non actuaba na vila ruesa e, neste regreso, facíao acompañada doutras dúas corais polifónicas: Máximo Gorki de Vigo e á Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán.

Os primeiros en subirse ao escenario eran os integrantes do Orfeón Valdeorrés, cuxo director artístico dende o ano 1998 é José Ramón Mansilla e que ten como presidenta a María Luisa Álvarez, que durante o festival tamén dirixía unhas palabras ao público.

O Orfeón Valdeorrés cantaba cinco temas: “A solas tú y yo” (Ricardo Guirao), “Te digo adiós, amor, y no estoy triste” (Rafael Alberti ) Javier Busto, “Un beso y una flor” (José Manuel Piedra), “Veñen os ventos cantando” (Isabel Blanco Rivas) Javier Busto e “María, la portuguesa” (Carlos Cano) en versión coral de José L. Blasco. A continuación actuaban as dúas dúas corais polifónicas.

 

 

“Xa fai uns cantos anos que non cantamos nesta localidade veciña e apetecíanos ter un xesto cara aos veciños da Rúa e, en especial, a compañeiros moi queridos que tivemos desa localidade e outros que están a formar parte da nosa agrupación coral na actualidade”, indican dende o Orfeón Valdeorrés.

 

 

 

 

Na actualidade o Orfeón Valdeorrés conta con 45 coralistas que, da man do seu director, perseguen unha sólida formación vocal e a maior calidade en cada una das súas interpretacións, abordando os diferentes estilos musicais que van desde a polifonía ata temas actuais.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Cedida.
Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button